Servicios
Verificación electrónica de documentos, títulos, ... |
Actualidade
PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS 2011 (DECRETO 37/2006)
Publicado o Xov, 01/12/2011 - 08:41.RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listaxes provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Ampliación do prazo de presentación de solicitudes dos procesos convocados nos DOG de 26 e 28 de xullo de 2011
Publicado o Lun, 01/08/2011 - 11:06.Ampliación do prazo de presentación de solicitudes dos procesos convocados nos DOG de 26 e 28 de xullo de 2011
Táboa de equivalencias da relación de postos de traballo actualmente en vigor dos Servizos Veterinarios
Publicado o Ven, 22/07/2011 - 06:58.No Diario Oficial de Galicia do 22 de xullo do 2011 publícase o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xullo de 2011 polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo das consellerías do Mar, Medio Rural e Sanidade con respecto aos Servizos Veterinarios.
Novo sistema de emisión electrónica de títulos de persoal funcionario e laboral fixo
Publicado o Lun, 02/05/2011 - 06:55.Un dos obxectivos das actuacións relativas a aplicación das tecnoloxías da información na Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia é a posta en marcha de aplicacións que permitan xestionar de modo electrónico, trámites que actualmente estanse xestionando en papel.
Dentro deste marco de evolución tecnolóxica, púxose en funcionamento a aplicación de xeración electrónica de títulos de funcionarios e laborais da Xunta de Galicia.
Reclasificación de postos do persoal funcionario que accede ao grupo ou subgrupo inmediatamente superior por promoción interna
Publicado o Mar, 15/03/2011 - 10:54.Resolución do 11 de marzo de 2011 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de marzo de 2011 polo que se aproba a reclasificación de postos do persoal funcionario que accede ao grupo ou subgrupo inmediatamente superior por promoción interna.






